RESUMO

Abrente
n. 5

O número recolle de maneira destacada os obxectivos antimilitaristas e contra as guerras nucleares do 1º Congreso Mundial de Mulleres de Moscova de 1987, que continuaba o camiño aberto do congreso celebrado en Nairobi en 1985. Debúllase a participación da Secretaría de Muller na Comisión Muller e Traballo do citado congreso. Complétase con denuncias laborais no sector téxtil e o acoso sexual.