RESUMO

Abrente
n. 6

Co gallo do 8 de marzo, o editorial fai un chamamento a denunciar as agresións que sofren as traballadoras e complétase coa exposición de diversos casos de discriminación e agresións laborais e sexuais. Reclámase un salario para as amas de casa, salientan o incremento de mulleres nas estruturas da INTG. Remata, de acordo co congreso de Moscova, co lema: “Pola paz, fóra bases nucleares”. Con este número distribuíuse unha folla voandeira da convocatoria á manifestación unitaria de Vigo do 8 de marzo co lema: “Nengunha agresión sen resposta, nengún agresor sen castigo”.