RESUMO

Abrente
n. 7

Publicado co gallo do 8 de marzo, no editorial saliéntase a discriminación das mulleres no ámbito laboral e critícase o plan de oportunidades en materia de emprego e relacións laborais promovido polo Instituto de la Mujer. Abúndase en diversos artigos sobre a situación das mulleres dos mariñeiros, sobre a que se está elaborando un estudo, e os conflitos do sector do mar. Denúnciase o trato vexatorio que sofren as mulleres agredidas por parte dun sistema xudicial patriarcal. Complétase con denuncias no sector téxtil e da alimentación.