RESUMO

Abrente
n. 8

Cadrando co 8 de marzo, no editorial recóllense as discriminacións no ámbito laboral ás que suman as reclamacións do movemento feminista sobre as violacións, a revisión da lei do aborto e o sexismo na publicidade. Nos artigos denúnciase a detención e xuízo de mulleres por manifestarse en contra das violacións e, de maneira destacada, trátase da precariedade das viúvas dos mariñeiros, marcada polas dificultades para acadar unha pensión mínima e as dificultades para incorporarse ao mundo laboral. Complétase coa situación de desamparo na que se atopan as traballadoras con baixa por maternidade e dáse conta de persecución sindical. Finalmente, infórmase sobre a participación das sindicalistas no IV Congreso da INTG.