RESUMO

Abrente
n. 9

O editorial céntrase no eixo do 8 de marzo, marcado pola defensa da paz, e sublíñanse as formas de violencia específica que sofren as mulleres nos conflitos bélicos. Nos artigos trátase da crise da industria conserveira. Denúncianse casos de discrimación laboral e persecución sindical. Ofrécense gráficas sobre a situación laboral por sectores. Infórmase do 1º Encontro Sindical de Mulleres organizado pola Concellería da Muller do Concello de Vigo.