RESUMO

Abrente
n. 10

Rexéitase a reforma laboral que pretende levar adiante o Goberno do estado por considerala involucionista e precarizar as condicións laborais das traballadoras. Ofrécense datos sobre a evolución da situación das mulleres e o emprego en Galicia. Ademais, considérase regresiva para as mulleres a declaración de 1994 como Ano Internacional da Familia, así como a creación dunha Consellería de Familia, Muller e Xuventude na Xunta de Galicia, baixo o goberno do Partido Popular. Complétase coa denuncia do patriarcado na sanidade, a situación no sector conserveiro e a sinatura dos convenios galegos. Na contraportada infórmase da unificación do sindicalismo nacionalista, Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e INTG, como Confederación Intersindical Galega (CIG).