RESUMO

Deliberadamente

Este primeiro número abre cun editorial no que se denuncia a situación das mulleres galegas, considerando que, ademais de viviren nun Estado no que o patriarcado e o neoliberalismo van da man, forman parte dun país sen capacidade de autogoberno por iso MNG reivindican un proxecto de nación non excluínte. A continuación aparecen artigos sobre o 8 de marzo, marcado pola defensa dos dereitos reprodutivos, a campaña de auto-inculpacións de aborto, os encontros gais celebrados en Compostela ou o Día da Muller Antimilitarista. Na contraportada recóllense as posicións da organización sobre a prostitución e a discriminación positiva, fálase do primeiro acto de MNG na emigración e inclúense os seus enderezos de contacto.