RESUMO

Deliberadamente
n. 1

Este número, centrado na convocatoria unitaria do 8 de marzo, ábrese cun editorial co lema “Rebeliom e desobediência contra a sua violência”. Os artigos tratan da represión ao independentismo; do sexismo no PP, nos concursos de misses, na publicidade; e da prostitución nun artigo publicado por A Nosa Terra. Dáse conta das accións antimilitaristas das MNG, e informan da creación do colectivo feminista lucense Donas de Nós en Lugo e da Libraría feminista María Balteira en Compostela.