RESUMO

Deliberadamente
n. 2

O editorial deste número, aparecido co gallo do 25 de novembro, está dedicado á violencia contra as mulleres. Aporta múltiples datos sobre o tema e subliña a incompetencia das administracións e critica a falta de recursos destinados polo PP no seu Plan de Acción de Violencia Doméstica. Ao se cumprir o 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos sublíñase que a ONU recoñeceu o carácter universal dos dereitos das mulleres e destaca que é o tempo de conquistalos.