RESUMO

Deliberadamente
n. 3

O editorial, co lema “8 de marzo: feminismo sem tregua”, critica a apropiación da linguaxe feminista por parte dunhas administracións que non asumen as súas responsabilidades para combater o patriarcado. Repítese varias veces a consigna “Queremos ser um problema de Estado”. Na sección de novas recóllense as accións, concentracións e charlas celebradas en Vigo, Ourense, Compostela ou Bueu polas MNG. Denúnciase a discoteca El Recreo de Ferrol por apoloxía das agresións ás mulleres no seu logo.