RESUMO

Deliberadamente
n. 9

Este número, marcado polos atentados do 11 de setembro, céntrase no antimilitarismo e recolle información do Terceiro Encontro da Marcha Mundial das Mulleres. Os temas de debate ocúpanse da presenza feminina no Parlamento galego tralas últimas eleccións e a cita de outubro da Marcha Mundial das Mulleres. Na contraportada denúncianse as agresións fascistas e repúdiase o asasinato da activista mexicana Digna Ochoa.