RESUMO

Deliberadamente
n. 11

Neste número, adicado ao 25 de xullo, dáse conta das formas de violencia patriarcal en diversos lugares do planeta. Reproduce un comunicado da Uniom de Mulheres Alternativa sobre a legalización do aborto en Portugal e fragmentos do Boletín de Enlace do Comité de Seguimento da Marcha Mundial. Nos artigos abórdanse as dificultades para legalizar a pílula do día seguinte en Galicia, a cativa presenza das mulleres no sindicalismo e a situación das mulleres en prisión. Anúnciase a próxima cita do Fórum Social Europeo e a publicación das Jornadas de Formaçom Feminista organizadas polas MNG en 2001.