RESUMO

Deliberadamente
n. 14

Cadrando co 25 de xullo, este número volve tratar as consecuencias do desastre do Prestige e destaca as represalias sufridas por un grupo de mariscadoras por apoiar o movemento Nunca Máis. Denúncianse a guerra contra Iraq, os asasinatos machistas, a condena a morte por lapidación de Amina Nawal e o desaloxo da histórica Casa Encantada en Compostela. Destácase a consecución da igualdade legal das labregas, coa modificación da Lei da Seguridade Social Agraria. Na contraportada aparecen notas sobre o Día Internacional da Muller Antimilitarista e convocatorias conxuntas polo Día do Orgullo.