RESUMO

O aturuxo
n. 1 ( 2/ 1981)

O editorial defende a necesidade de organizar o movemento gai e lésbico. O número presta particular atención á necesidade de saír do ghetto. En páxinas centrais, céntrase na política e no movemento lésbico, incluíndo unha nota sobre o 2º Encontro Estatal de Lesbianas celebrado en Valencia en 1980 e sobre I Conferencia internacional da Asociación Gai Internacional de Amsterdam. Péchase con comentarios de libros e textos de Monique Wittig e Konstantin Kavafis.