RESUMO

O aturuxo
n. 3 ( 6/ 1981)

O editorial ocúpase do 28 de xuño, Día do Orgullo Gai, que cadra co primeiro aniversario da presentación pública da CCGG. A sección “Lesbianismo” da revista inclúe unha entrevista con Empar Pineda, unha carta aberta de Margarita Ledo Andión sobre as polémicas que xerou a información sobre homosexualidade en A Nosa Terra, un artigo de Ángeles Lorenzo sobre alcoholismo nas mulleres, e unha enquisa sobre lesbianismo a organizacións políticas de esquerdas (PST, PCG, LCR e MCG). Aparece un extenso artigo contra a homofobia na psicoloxía oficial, e notas sobre a manifestación contra a Galicia Nuclear, o apoio ás once mulleres procesadas por aborto en Bilbao e mais aos mariñeiros da Armada condenados por homosexualidade no Ferrol. Resúmese a reunión da COFLHEE e a xuntanza previa de lesbianas convocada polo Colectivo de Feministas Lesbianas de Madrid. Faltan as páxinas 10 e 11 no exemplar localizado.