RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 6 ( 6/ 1993)

O editorial fai unha crítica ao sistema democrático español no relativo á falta de dereitos de gais e lesbianas, persoas seropositivas ou desempregadas. Na sección “Novas Rosas” denúnciase a agresión a un travestí; a homofobia na igrexa católica, nas escolas e no exército; a negación da sexualidade ás persoas con discapacidade psíquica”; e a legalización da prostitución homosexual en Ecuador. Os artigos céntranse na campaña de apostasía promovida polo CGC, na prevención da sida. Na sección “Colaboracións” coméntase a lesbofobia nun programa televisivo, a homofobia na igrexa católica, e os valores asociados á xenitalidade nos usos lingüísticos. Reflexiónase ademais sobre a consideración da vellez nas sociedades antigas e actuais, tanto dentro como fora da comunidade homosexual. Non faltan as direccións da COFLHEE na contraportada e na páxina de cultura aparecen comentarios sobre cinema gai e sobre o primeiro Día das Letras Galegas dedicado a un gai, Eduardo Blanco Amor.