RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 8 ( 1/ 1995)

A portada, o editorial, as páxinas centrais e unha colaboración celebran os cinco anos de existencia do CGC, recuperan a memoria do movemento gai e lésbico en Galicia e lembran as orixes da celebración do 28 de xuño. Noutra colaboración coméntanse os argumentos científicos para xustificar a discriminación de gais e lesbianas. Na sección “Novas Rosas” infórmase sobre as oficinas de rexistro de parellas non excluíntes, e a elección da praza da Inmaculada para a manifestación do 28 de xuño en Galicia para visibilizar a campaña de apostasía do CGC. Os artigos céntranse nos argumentos bioloxicistas sobre a homosexualidade, na sida, o homoerotismo nos texto biblícos, e nas figuras de Lorca, Guattari, Marcuse, Deleuze e mais as irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricard “As Marías”.