RESUMO

Alborada
n. 2 ( 10/ 1966)

Inclúe catro colaboracións. Ábrese cun artigo sobre a preocupación do movemento obreiro na solución dos problemas “da muller”, na necesidade da implicación do conxunto da sociedade para lograr a súa liberación e de que a idea de igualdade non se traduce en homoxeneidade. Os temas tratados noutros tres artigos son: o lugar das mulleres nas manifestacións contra a construción do encoro en Castrelo de Miño, as diferentes reaccións da igrexa católica fronte ao comunismo e a figura de Castelao. Na fe de erros corríxese unha atribución de autoría no índice.