RESUMO

Andaina
2ª época 2ª xeira ep. n. 45 ( 9/ 2006)

O núcleo temático xira arredor da memoria histórica das mulleres, recollendo biografías de guerrilleiras, resistentes, presas, represaliadas e exiliadas como Consuelo Rodríguez “Chelo”, Juana Capdevielle, Dolores Blanco e a súa filla Lola Rodal Blanco, Sebastiana Vitales Gascón, e, na contraportada, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño Ricart. Coméntase tamén abundante bibliografía sobre o tema. Nos artigos póñense en valor as achegas á teoría política feminista de Susan Moller Okin e Iris Marion Young por mor do seu pasamento, analízase o sexismo na publicidade e na arte, e na sección de crítica destácanse os contos non sexistas de Adela Turín e Nella Bosnia.