RESUMO

Andaina
1ª época ep. ( 1/ 1983)

O editorial defende a necesidade dunha publicación que dea voz ao movemento feminista en Galicia e ás mulleres en xeral e por esa razón dá conta detallada da existencia e actividades de grupos, colectivos e organizacións. O tema central é a violencia contra as mulleres, coa inclusión de manifestos de denuncia e a entrevista a unha muller violada. Inclúe artigos sobre a democracia e as mulleres, dereitos laborais, información legal sobre separación, nulidade, divorcio, e os xuízos por aborto de Bilbao. Destácase a creación da comisión de lesbianas da AGM de Santiago de Compostela. A sección de cultura inclúe creación literaria e recensións.