RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 1 ( 3/ 1983)

A nota editorial destaca a celebración do 8 de Marzo e presenta un dosier central dedicado ao aborto. Inclúe un apartado con denuncias relacionadas co aborto e o sexismo nos medios de comunicación e artigos sobre o lesbianismo e a situación das mulleres no ámbito laboral. Inclúe entrevistas a unha deportista e unha traballadora de INTELSA. A sección de crítica comenta publicacións sobre o feminismo organizado, as violacións e a política sexual da enfermidade. A última parte da revista recolle notas sobre convocatorias e actividades das organizacións feministas de dentro e fóra de Galicia.