RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 4 ( 8/ 1983)

O editorial céntrase no aborto e a situación das mulleres no mercado laboral, tema sobre o que xira a entrevista, a unha sindicalista de CCOO. Inclúe artigos sobre violencia contra as mulleres, o pacifismo ou a importancia dos xoguetes na aprendizaxe dos roles de sexo/xénero e das prácticas de consumo. Inclúe traballos sobre a historia das mulleres. Complétase coa sección da Comisión de Lesbianas da AGM, e diversos comunicados de grupos feministas, unha sección de crítica de libros e cinema, e unha sección de creación que inclúe banda deseñada.