RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 5 ( 1984)

O editorial e o dosier central ocúpanse dos factores específicos que limitan a liberdade e a independencia das mulleres: a violencia contra elas e as dificultades de acceso ao mercado laboral. Inclúese un manifesto para as mulleres poder andar soas, un artigo sobre a violencia contra lesbianas en Euskadi e unha entrevista a unha punky.Son de destacar tamén a convocatoria nacional de grupos e colectivos feministas en torno ao 8 e o 11 de Marzo e un poema inédito dedicado ao Día da Muller. Complétase con textos de denuncia sobre as agresións contra as mulleres e os conflitos no ámbito laboral, un novo achegamento ás mulleres na historia, a sección de crítica de libros e cine, así como unha sección de pasatempos, que inclúe banda deseñada e itinerarios para camiñar.