RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 6 ( 5/ 1984)

O editorial refírese ao Día das Letras Galegas: fai unha defensa do idioma e critica as políticas de normalización lingüística da Xunta de Galicia. Ofrécense novas sobre o auxe do feminismo organizado e un manifesto polo día de liberación de lesbianas e homosexuais. Inclúe artigos de denuncia sobre a situación laboral das traballadoras nas industrias conserveiras, casos de violación e de agresión fascista, a utilización das mulleres e da seducción nos medios de comunicación e unha crítica ás políticas do Instituto de la Mujer. Interesa particularmente a situación das mulleres na universidade, e saliéntase a proliferación de grupos de mulleres nese ámbito. Infórmase da convocatoria dunha manifestación nacional unitaria para o 8 de Marzo. Complétase coas seccións de crítica literaria e cinematográfica, creación, pasatempos e recomendacións.