RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 7 ( 5/ 1985)

O número ten como tema central o aborto e complétase cun pequeno dosier sobre Rosalía de Castro. O editorial céntrase na despenalización e nas técnicas para abortar. A sección de denuncias ocúpase de casos de discriminación laboral no Servizo de Extensión Agraria, a situación xurídica e social das mulleres nos casos de violación e agresións policiais. Inclúense artigos sobre mulleres no exército e na industria téxtil, unha carta aberta ás militantes do BNG de Nanina Santos e documéntanse as manifestacións das asembleas de mulleres de Ferrol contra a reconversión naval. Aparece a habitual nota de denuncia da Comisión de Lesbianas. Os contidos de cultura inclúen unha selección de novidades de revistas feministas de dentro e fóra de Galicia.