RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 8 ( 11/ 1985)

O editorial recupera a figura da pedagoga e escritora portuguesa Irene Lisboa. O número xira arredor dos dez anos da loita feminista en Galicia cun amplo dosier documental, onde se fai balance dos logros e se recollen fotografías das principais accións reivindicativas. Inclúe denuncias das traballadoras da industria conserveira, a marxinalización das mulleres no servizo doméstico, a intervención das mulleres nos conflitos luditas, a prostitución e os prexuízos contra o feminismo. Informase tamén da celebración do centenario de Rosalía de Castro, e de xornadas feministas e de lesbianas celebradas en Barcelona, Brasil e Ferrol. No apartado denuncias destacan as dificultades para aplicar os programas de educación sexual. Inclúe notas de crítica de literatura e banda deseñada. A contracuberta ocúpase das eleccións e a lei do aborto.