RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 10 ( 5/ 1986)

O editorial amosa unha posición crítica coa lei de aborto. A sección de denuncias céntrase no dereito á maternidade da muller soa, a discriminación laboral e as prácticas das institucións públicas. Ofrece información sobre diversas xornadas feministas celebradas en Galicia, Madrid, Ruidera e as de lesbianas celebradas en Xenebra. Os artigos céntranse na linguaxe sexista nos dicionarios e na literatura galega, por esa razón se inclúe unha entrevista a unha lingüista. O número complétase con achegas sobre as meigas, a inseguridade das mulleres e a antropoloxía. Inclúe as seccións habituais sobre lesbianimo, crítica de novidades e creación. Péchase o número cunha nota en memoria de Simone de Beauvoir.