RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 12 ( 6/ 1987)

O editorial fai referencia, entre outros temas, ás Nais da Praza de Maio. Simone Beauvoir e a súa obra ocupa un lugar central. Na sección de denuncias aparecen casos de agresión sexual, sexismo, abuso de poder nas institucións e nas organizacións. Dase conta de actividades feministas arredor do 8 de marzo e o 1 de maio, e diversos encontros de feministas lesbianas e de pacifistas. Inclúense artigos sobre as tecnoloxías reprodutivas, a violencia contra as mulleres e os estereotipos femininos na literatura e o cinema. A entrevista recolle unha conversa coas traballadoras da conserveira ODOSA. Inclúe unha sección de crítica.