RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 14 ( 3/ 1988)

O editorial céntrase na violación. A sección de denuncias posiciónanse contra o victimismo das mulleres e recóllense novos casos sobre a violencia contra as mulleres e dous xuízos por aborto. Informa das actividades dos grupos feministas en xornadas e manifestacións a prol da lingua galega e sobre lesbianismo. Aparecen artigos contra as agresións sexuais, sobre a lei de aborto en Gran Bretaña, a moral sexual tradicional, a concepción e utilización do corpo nos medios de comunicación, a igualdade de dereitos, a enfermidade e a vida. Nas páxinas de cultura recupera as ideas de Concepción Arenal sobre a emancipación das mulleres. Inclúe recensións de literatura e ensaio e unha entrevista a unha pintora.