RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 16 ( 12/ 1988)

A violencia contra as mulleres en xeral e a violación en concreto son as cuestións que ocupan máis notas e artigos. Neste número tamén se fan achegas a cuestións relacionadas coa discriminación no emprego, a píldora abortiva, as mulleres mapuches e as nais da Praza de Maio. Nas páxinas de cultura aparecen notas sobre narrativa, música e teatro, que se completa cunha historia de banda deseñada sobre mulleres e pacifismo.