RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 18 ( 6/ 1989)

Este número ábrese coa campaña contra violencia machista desenvolvida en Galicia e ten un dosier sobre o aborto. No apartado de denuncias refírense casos sobre linguaxe sexista, o Día Internacional de Liberación de Lesbianas e Homosexuais e critícase a política de subvencións do Instituto de la Mujer. Nos artigos abórdanse cuestións como o mercado de traballo, o alcoholismo feminino, as mozas na universidade, os trazos patriarcais no pensamento galeguista, as mulleres nas revolucións francesa e nicaraguana. As páxinas de crítica e creación recollen as habituais recensións de libros e cine.