RESUMO

Andaina
1ª época ep. n. 21 ( 7/ 1990)

O editorial fai reconto de quince anos de movemento feminista. A prostitución ocupa as páxinas centrais e está presente tamén na sección de denuncias e comentos, onde ademais aparecen notas arredor de temas como o aborto, o adulterio, o divorcio e a situación das mulleres no deporte e nos partidos políticos. Nos artigos abórdanse as condicións laborais do servizo doméstico, a violencia contra as mulleres, a sexualidade, e unha a proposta de creación do Instituto Galego da Muller. Faise reconto de xonadas e exposicións relacionadas coas mulleres e o feminismo. Nas páxinas de cultura aparece un artigo sobre discriminación sexista na literatura infantil, textos de creación e comentarios críticos de cine. Pecha o número unha carta das presas políticas galegas sobre a represión nos cárceres de mulleres.