RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 00 ( 5/ 1983)

Ábrese cunha introdución sobre o poder da palabra xa que os obxectivos centrais da revista son recuperar, potenciar e celebrar a escrita silenciada das mulleres. Os artigos analizan o rol e o lugar das mulleres na sociedade e na produción cultural galega, no folclore, nos medios de comunicación, na música, na medicina e sobre todo na produción literaria onde salientan os artigos sobre literatura escrita por mulleres de e sobre o ensaio feminista galego. A última parte inclúe textos de creación poética e narrativa de escritoras galegas, algúns deles inéditos.