RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 02 ( 3/ 1985)

O monográfico está dedicado a Rosalía de Castro. Na introducción reivindícase a escritora canónica da literatura galega, deféndese unha imaxe da autora que se afasta da mistificación e dos tópicos recorrentes na cultura galega, e reivindícase a muller escritora coraxosa. Por esa razón inclúe estudos da obra rosaliana desde a crítica feminista e a sección de creación ofrece unha antoloxía feminista dos seus poemarios en galego. A última parte da revista inclúe unha sección de crítica de libros e cine, e mais unha sección de creación que, na súa maior parte, recolle textos de novas creadoras. As ilustracións son de Menchu Lamas.