RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 03 ( 1/ 1986)

O monográfico, dedicado a Francisca Herrera Garrido, ten como obxectivo recuperar una escritora silenciada pola historia da literatura galega, que é, porén, a primeira narradora en galego e a primeira muller en ser elixida para formar parte da Real Academia Galega. Reprodúcese o texto introdutorio da edición crítica de Néveda, unha entrevista co historiador da literatura Ricardo Carballo Calero sobre a obra da escritora, unha antoloxía da obra de Herrera Garrido, e mais un artigo sobre as narradoras galegas. Na miscelánea aparecen traballos sobre literatura, patrimonio cultural, educación, e unha entrevista sobre sexualidade. Na sección de creación publícanse os poemas dun recital das poetas galegas dedicado a Rosalía de Castro e contos breves. As ilustracións son de Berta A. Cáccamo e Aurichu Pereira.