RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 04 ( 2/ 1987)

O monográfico vai dedicado por primeira vez a unha escritora galega viva, Xohana Torres, completando así a xenealoxía de escritoras galegas dos números anteriores e ábrese cun poema de María Xosé Queizán dedicado á escritora. Reúne artigos sobre a vida e obra da X. Torres, salientando a súa aportación aos distintos xéneros literarios, así como a súa poética, na que teñen moito protagonismo as mulleres e a nación. Acompáñase cunha antoloxía que contén obras inéditas da autora. Na sección de miscelánea aparece unha homenaxe á teórica feminista Simone de Beauvoir e na sección de crítica recóllense recensións de cine e literatura. Como é habitual, a revista péchase cun apartado de creación. As ilustracións son de María de Felipe e Marta Outeiriño.