RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 05 ( 12/ 1988)

O monográfico, titulado “Nenas”, céntrase nas representacións femininas na literatura infantil e xuvenil, e en particular nas figuras tópicas das bruxas e as fadas. A antoloxía de textos escolma fragmentos de literatura infantil e xuvenil das escritoras galegas e portuguesas, afectadas naquela altura pola invisibilidade e falta de prestixio que tiñan tanto o xénero como as autoras que o cultivaban. Na sección de filosofía recóllense ensaios sobre a pensadora feminista Celia Amorós, así como sobre Martín Sarmiento e Sören Kierkegaard. Na sección de crítica aparecen recensións de obras recentes de escritoras galegas e a sección de creación textos escritos por nenas, algunhas das cales serán escritoras de adultas. As ilustracións son de Anna Tubau e Mónica Yanes Basanta.