RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 06 ( 9/ 1989)

O monográfico céntrase en Emilia Pardo Bazán, reivindicando así unha creadora galega recoñecida polo canon da literatura española e imprescindible para coñecer o debate feminista no período de entre séculos e a defensa que fixo a escritora dos dereitos das mulleres. Inclúe unha antoloxía con fragmentos da súa obra literaria, cartas da autora e mais o texto que Rosalía de Castro lle escribiu nun abano. Na sección de filosofía analízanse desde o feminismo as obras de Aristóteles, Hegel, Proust e María Zambrano e recolle as intervencións de cinco mulleres que participaron no II Encontro Hispano Mexicano de Filosofía Moral e Política. Na sección de temas varios aparecen artigos sobre novas tecnoloxías reproductoras, o traballo doméstico e a revolución. A sección de crítica inclúe as recensións e a de creación recolle textos inéditos de escritoras galegas e unha traducción. Neste número aparece por primeira vez o “Escrito por mulleres”, unha recompilación da bibliografía de autoría feminina tanto na creación e ensaio publicados no ano que aparecerá en todos os números posteriores, con variacións en canto aos criterios e as autoras deste traballo. As ilustracións son de Xulia e de Marta Outeiriño.