RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 07 ( 9/ 1990)

O monográfico céntrase no papel das mulleres nos medios de comunicación. Ofrécese estudos sobre o papel das mulleres como xornalistas e directoras na prensa xeral, nas revistas femininas, na radio, na prensa deportiva e nos medios galegos. Visibilízanse nomes destacados, sobre todo no fotoxornalismo, e analízanse os contidos ideolóxicos de xénero, a representación das mulleres, en particular nos programas infantís e na publicidade. Na sección temas varios destacan os textos sobre a prensa feminista galega, novas sobre historia, literatura, antropoloxía, música, arte e cine. A sección de crítica recolle recensións de literatura galega e o apartado “Escrito por mulleres”. A sección de creación ofrece unha escolma de poemas inéditos de escritoras de diversas xeracións. As ilustracións son de Celina e Xexé.