RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 08 ( 12/ 1991)

O monográfico céntrase no tema do erotismo desde a perspectiva do feminismo. Inclúe textos sobre a sexualidade, o erotismo, a pornografía, o amor e a paixón, evidenciando o seu papel decisivo no marco do sexo/xénero. Abúndase nas formas de negociación do erotismo desde a perspectiva da teoría feminista, a psicoloxía, a linguaxe, o pensamento, así como a súa representación na cultura popular tradicional e na literatura galega do momento. A antoloxía ofrece unha escolma de textos eróticos escritos por autoras galegas, desde Rosalía de Castro ás autoras máis recentes. Na sección temas varios aparecen artigos sobre literatura e psicoloxía. A sección de crítica ofrece recensións de libros sobre o erotismo, así como novidades de literatura de diversas autoras. A sección de creación ofrece unha escolma de textos que teñen como eixe temático o corpo. A maioría das ilustracións son de Carmen Pallarés e Leni Reinfenstahl.