RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 09 ( 12/ 1992)

A celebración do V Centenario da conquista de América determina o feito de que o monográfico deste número estea dedicado á relación entre colonialismo e sexismo. Nos artigos analízanse diferentes aspectos dos procesos colonizadores e das súas consecuencias, máis concretamente das discriminacións por razón de diferenza étnica e sexual. Préstase especial atención ao desenvolvemento dos feminismos indíxenas en Canadá e América Latina, onde destaca a figura de Rigoberta Menchú. O apartado pensamento recolle achegas feministas realizadas desde os campos da filosofía, a antropoloxía social, a sociobioloxía ou a psicanálise. A sección temas varios aborda as figuras de Clarice Lispector e Simone de Beauvoir, a vellez e mais o sexismo nos espazos de ensino académico. A sección de entrevistas inclúe conversas coa activista Myskita Myrna Cunningham e con dúas directoras de editoriais. A sección de crítica comprende a relación das últimas publicacións galegas escritas por mulleres e recensións de obras literarias e de pensamento. Na sección de creación escólmanse textos de autoras galegas, bereberes e do Quebec. As ilustracións son de Rosalía Pazo Maside, Sandra Eleta e Graciela Iturbide.