RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 10 ( 1994)

A partir da figura de Antígona, o monográfico propón unha crítica ás relacións de poder nas que se sustenta o patriarcado na esfera pública. Conta coa colaboración, entre outras, das pensadoras María Xosé Agra Romero, Alicia Puleo e Victoria Sau, que estudan cuestións como subxectividade, familia, amor e xustiza. Inclúe unha achega de Carmen Blanco ao feminismo organizado en Galicia. A sección temas varios aborda os problemas de lexitimación das escritoras, a crítica literaria feminista, e a obra singular de Audre Lorde. Complétase con colaboracións sobre a obra pictórica de Maruxa Mallo, a arte na Festa da Palabra, o cinema de ciencia ficción e a alfabetización das mulleres. A sección de crítica contén a habitual relación das publicacións galegas escritas por mulleres e numerosas recensións de obras de creación, pensamento, arte e historia, algunhas delas escritas por homes. Na sección de creación inclúense textos de creadoras en lingua galega, catalá, española así como chicanas e quebequesas. Natalia P. García ilustra o número.