RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 11 ( 1995)

No ronsel da II Bienal de Artistas Galegas publícase un monográfico sobre as artes plásticas. Inclúe aproximacións á obra das creadoras Natalia P. García, Menchu Outón, Pilar A. Pablos, Carme Hermo, María Ruído e María Álvarez, unha panorámica das pintoras portuguesas do s. XX, e o estudo das mulleres como suxeito e obxecto na arte desde unha perspectiva antropolóxica. A sección temas varios inclúe artigos sobre o feminismo radical, Angela Carter, un achegamento ás videocreadoras e unha crítica feminista a George Steiner. A sección de crítica, ademais da habitual relación de libros escritos por mulleres en Galicia, inclúe textos sobre creación literaria, documentalismo fotográfico, cinema e estudos literarios. As ilustracións son das creadoras incluídas no monográfico.