RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 13 ( 1997)

Este número conta con dous monográficos. O primeiro, dedicado a María Mariño, inclúe estudos sobre a vida e obra da autora e mais unha antoloxía dos seus poemas; recuperarase parcialmente no nº 21. O segundo derívase do 1º Encontro de Poetas Peninsulares e das Illas, por esa razón recolle diversas intervencións, unha crónica escrita e fotográfica da xornada e complétase cunha cronoloxía das poetas galegas entre 1863 e 1996. A sección temas varios recolle colaboracións sobre o colectivo feminista Intrépidas & Sucias, a democracia e o patriarcado, a entrada de Luz Pozo Garza na Academia Galega e un traballo sobre a LIX. A sección de crítica inclúe o habitual listado de libros escritos por mulleres en Galicia, e recensións sobre literaturas galega, catalá e cubana, cinema, e estudos sobre sexo, xénero e corpo desde as perspectivas da filosofía e da historia da ciencia. A sección de creación recolle textos participantes no devandito encontro de poetas. Este número ten ilustracións de Chelo Matesanz e Inés Barros Fortes.