RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 14 ( 1998)

Ábrese o número cunha nota a Belén Feliu in memóriam. O texto de presentación anuncia que a revista entra nunha nova xeira na que se vai contar con colaboracións asinadas por homes. O leitmotiv do monográfico son a arquitectura e o urbanismo. Destácase o feito de que o espazo, as relacións sociais e as producións culturais son interdependentes e inseparables, abórdase a transformación do espazo urbano desde o s. XIX e a revolución do doméstico proposta por Helen Campbell e Charlotte Perkins Gilman. Complétase cunha entrevista a Xerardo Estévez e varias colaboracións sobre a obra do arquitecto Xosé Bar Boo, que ilustra boa parte do número. A sección temas varios inclúe artigos arredor de Maria-Mercè Marçal e Hildegard von Bigen. A sección de crítica ábrese co habitual listado de libros escritos por mulleres en Galicia, e conta con recensións de estudos filosóficos, históricos, e ficción literaria e cinematográfica. A sección de creación componse de textos de autoras galegas e da quebequesa Nicole Brossard. As ilustracións son de Angiola Bonanni e Paula Mariño.