RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 15 ( 1999)

Cadrando co cincuenta aniversario da publicación de O segundo sexo, o monográfico deste número está integramente dedicado a Simone de Beauvoir e afonda nas súas achegas cruciais ao cuestionar a determinación biolóxica dos sexos, a vellez, a maternidade ou o lesbianismo. A sección temas varios inclúe artigos sobre un taller literario, a narrativa de mulleres, unha homenaxe a María Xosé Queizán e o perfil biográfico da nadadora octoxenaria Bernarda Angulo. As recensións da sección crítica céntranse na obra de creación recente asinada por escritoras e escritores galegos así como estudos sobre a educación sentimental, a misoxinia e o racismo de Eduardo Pondal. A sección de creación conta con textos de poetas e narradoras en lingua galega e castelá. As ilustracións son de Cachi Granell.