RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 16 ( 2001)

O monográfico, titulado "Unha Festa Poética", ábrese con varios artigos nos que se salienta que a revista ocupa un lugar sinalado na emerxencia e recoñecemento das poetas galegas, sobre todo as que comezan nas décadas de 1980 e 1990. Complétase cunha escolma da poesía de máis de 50 autoras galegas coetáneas publicadas nos 15 números anteriores. Na sección temas varios póñense en cuestión os erros do poder xudicial diante da violencia contra as mulleres e recupérase a figura da activista lesbiana e feminista radical Gretel Ammann cadrando co seu pasamento. A sección crítica analízanse libros de creación escritos en galego ou traducidos do húngaro e do español, estudos literarios feministas e biografías de exiliadas. As ilustracións son de Ana Pillado e Bosco Caride.