RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 17 ( 2002)

O monográfico, dedicado á complexidade do mundo da prostitución ao longo da historia e na actualidade, titúlase “¡Abolición!” para mostrar o posicionamento da revista diante desta problemática. Recolle os relatorios do Foro internacional de Galicia sobre Prostitución e tráfico de mulleres con fins de explotación sexual que tivo lugar en Vigo, denuncia o proxenetismo e inclúe un listado de prostíbulos. A sección temas varios rescata a biografía de mulleres alpinistas, desde as pioneiras ás actuais, inclúe unha entrevista a Chus Lago e complétase cunha panorámica da obra pictórica da artista portuguesa Maria Helena Vieira da Silva. A sección crítica recupera o listado de libros escritos por mulleres en Galicia e ofrece recensións de narrativa, poesía e un estudo sobre escritoras galegas do século XIX. O apartado creación está composto por relatos breves e poemas escritos en galego. As ilustracións son de Isabel Rueda, Paula Salinas e Fernando Suárez.