RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 19 ( 2004)

O monógráfico deste número está dedicado ao Rromipén. Abórdase a xitanidade como unha rede de relacións de dimensión global determinada en grande medida por diversos procesos históricos de marxinalización e a construción de vínculos de solidaridade para a conservación da idiosincrasia propia. Analízanse as variantes idiomáticas, as producións culturais, e préstaselle especial atención ás condicións socioeconómicas da poboación xitana en Galicia. A sección actualidade ábrese co repertorio bibliográfico “Escrito por mulleres”, inclúe artigos in memóriam a Manuel María, Eva Llorens e Isaura Gomes, recensións de obras de creación e investigación de autoras galegas, da produción cinematográfica e dunha exposición de Nancy Spero. Péchase a revista cunha declaración das FIGA sobre os privilexios económicos e a moral contraria ás mulleres da Igrexa católica e o Islam. As ilustracións son de Jesús Salinas, Fundación do Secretariado General Gitano e Anxo Cabada.