RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 20 ( 2005)

O monográfico está dedicado ás contribucións das científicas ao longo da historia e á importancia da teoría e das prácticas feministas na produción de coñecemento no ámbito das ciencias aplicadas. Na sección actualidade abórdase o traballo de artistas como Ione Robinson ou Maruxa Mallo, a ausencia das mulleres nas investigacións históricas e o futuro da edición en galego. Inclúe o habitual repertorio bibliográfico “Escrito por mulleres” e complétase con recensións de cinema, ensaio e narrativa. A obra de Marcela Santorum ilustra este número.